Semente Corunha

Quem somos?

A Asociación Semente Coruña nace da colaboración comprometida e afanosa de pais, nais, profesionais do ensino e crianzas, en prol da creación dun espazo socio-cultural e pedagóxico no contorno coruñés. A entidade fai parte da rede Semente, en que se inclúen as seguintes asociacións: Semente Compostela, Semente Vigo, Semente Lugo e Semente Trasancos.

Este proxecto é o resultado material dun reclamo popular que ten como albo, o cumprimento de dereitos fundamentais no campo educativo, isto é:

  • o dereito a educar as fillas/os en lingua galega, promovendo a súa recuperación e dignificación
  • o dereito á un ensino feminista e decolonizado con plena igualdade entre as persoas
  • o dereito á coeducación e á autoregulación das crianzas
  • o dereito a un ensino laico e racional, baseado no coñecemento científico e afastada de mitos e supersticións
  • o dereito a gozar dunha educación integrada no medio, que valorice e restitúa simbolicamente o patrimonio cultural galego nos currículos
  • o dereito a unha educación integral de carácter comunitario, que facilite o diálogo interxeracional
  • o dereito a unha educación humanística, que sexa motor de transformación social